venres, 6 de maio de 2016

DESPEDIDA

Para rematar deixámosvos uns debuxos das nosas mestras.
Esperamos que aprenderades moito con este proxecto, coma nós!!!
Ata a próxima!!!


CONCLUSIÓNS

Ao longo do curso descubrimos moitas cousas sobre os animais domésticos. Velaquí tendes un video no que facemos un resumo do que aprendimos e do que máis nos gustou.



Sintonía "Juego de niños"

TRÍPTICO SOBRE O COIDADO DE MASCOTAS

Estes días estivemos elaborando un tríptico informativo sobre o coidado de mascotas, este é o resultado.
Esperamos que vos sexa útil!







venres, 29 de abril de 2016

MASCOTAS & ARTE

Estes días estivemos traballando  distintas técnicas de debuxo e eliximos O GATO como protagonista absoluto das nosas obras de arte.



mércores, 20 de abril de 2016

RECANTO PARA A ADOPCIÓN DE ANIMAIS NA BIBLIOTECA DE OS ROSALES

Estes días os/as alumnos/as de 2º de Primaria estivemos visitando a biblioteca do noso barrio. 
Alí descubrimos que teñen un espazo para a información sobre animais en adopción. 
Xa sabemos outro lugar ao que podemos ir para informarnos sobre este tema ;)




xoves, 14 de abril de 2016

CURSO DE ADESTRAMENTO CANINO

A finais deste mes haberá un 
CURSO DE ADESTRAMENTO CANINO 
na nosa cidade!!!
Se queredes asistir co voso can/cadela podedes informarvos neste link: http://www.cancoruna.com